Monday 06 de May de 2024

O mercado de Aguiño celebrarase durante todo o mes de setembro


O mercado de Aguiño, que se celebra tódolos luns de durante xullo e agosto, amplia a súa actividade ata final de setembro.

En vista da afluencia dos postos de alimentación e textís, e co propósito de promover a dinamización social e comercial en tódalas parroquias ribeirenses, o mercado de Aguiño celebrarase dúas semanas máis na rúa Castelao sempre que o tempo o permita.